Información adicional
D.O. | Sen D.O. |
---|---|
Tipo | Espumoso, Rosado |
Capacidade botella | 75 cl |
Un espumoso rosado con toques de froitas que lle achegan frescura, equilibrio e brillo para dar un toque diferente ao aperitivo. Brincos é un viño tan versátil que o fai perfecto para beber en calquera momento: con entrantes, con pratos principais e mesmo con sobremesas para brindar e celebrar. Ademais, é perfecto para prepara cócteles e combinados.
Brincos Rosado é unha aposta innovadora, un viño que ofrece unha experiencia nova e grata, combinando á perfección os agradables aromas a froitas dun rosado coa frescura que confiren as finas burbullas.
Brincos Premium Class Rosado marida con pasta, mariscos, sushi, follados, entrantes e tortas de biscoito.
Rosa salmón, limpo e moi brillante con burbulla fina.
Intensidade media con notas froiteiras, froitos vermellos, sobre todo framboesa e algo de amorodo, lixeiros recordos florais.
Lixeiro e equilibrado, sen excesiva acidez, deixando aromas a froitos vermellos.
D.O. | Sen D.O. |
---|---|
Tipo | Espumoso, Rosado |
Capacidade botella | 75 cl |