Via Stellae

Para desfrutar con alguén especial

Vía Stellae é un tinto intenso e equilibrado, a elección perfecta para unha cita romántica ou unha cena con amigos.

Vía Stellae elaborase a partir do estruxado de uvas da variedade mencía. Despois ferméntase a unha temperatura de 25ºC para respetar a extracción de aromas
varietais e da materia colorante. Antes do embotellado realizase unha filtración amicróbica con obxecto de eliminar os microorganismos existentes,
conseguindo desta maneira un viño estable e de calidade.

Categoría:

Vía Romana Adegas e Viñedos

Desde as ladeiras do río Miño elaboramos os nosos viños con D.O. Ribeira Sacra.

Vía Stellae marida con cocido, carnes brancas ou peixes graxos.

Vista

De cor vermella rubí con ribetes de cor carmesí. De capa media. Limpo e brillante.

Olfato

Intensidade alta con aromas a frutos vermellos (fresa, frambuesa). Lixeiras notas especiadas e balsámicas.

Notas de cata

Equilibrado e balsámico. Con presenza de froita madura.

Información adicional

D.O.

Ribeira Sacra

Variedade de uva

Mencía

Bodega

Tipo

Tinto

Añada

2019

Capacidade botella

75 cl

Acceder para descargar a ficha completa do produto