VERDES CASTROS GODELLO, elaborado na nosa adega TERRIÑA (D.O. VALDEORRAS) logra medalla de ouro nos ”Premios Baco Cosecha 2022” organizado pola Unión Española de Catadores.
O certame é o único no noso país que se centra en exclusiva na cata da colleita máis reciente, a 2022. Ademais, é un dos máis antiguos e respetados de España celebrándose xa 37 edicións.
Os resultados déronse a coñecer recentemente, trala evaluación dos expertos de máis de 423 viños. Entre eles destacou o noso Verdes Castros Godello, que foi un dos 10 premiados da denominación de orixe.
Dende ViniGalicia estamos moi agradecidos de recibir este recoñecemento, que nos motiva a seguir mellorando e medrando día a día.