Verdes Castros na ‘Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2018’
Hoxe queremos compartir con todos vós unha fantástica noticia, os nosos Verdes Castros froito dos viñedos situados nas ladeiras do Sil, baixo o influxo do microclima de Valdeorras, capaces de ofrecer unha uva que en adega só temos que coidar e consentir para transmitir todo o seu esplendor foron galardoados con pratas na ‘Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2018’
O noso mencía na gama de rubí a cereixa, vivo, de intensidade media, con finos escintileos granates e o godello brillante e limpo, de cor amarela palla con finos reflexos verdosos son prata na ‘Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2018’
Moitas grazas!