Vinigalicia obtivo o pasado mes de outubro dous indicadores Ardán 2020 outorgados pola Confederación Zona Franca de Vigo.
O primeiro deles a Empresa Global, premia ás empresas que presentan grandes avances no proceso de internacionalización valorando factores como o volume de exportación, número de clientes e número de países aos que exporta, entre outros.
O segundo indicador que obtivo foi a Empresa Innovadora. Neste caso valóranse os niveis de desempeño, así como os esforzos en I +D + i.
Só o 5% das empresas galegas consegue alcanzar os criterios establecidos para obter estes distintivos e Vinigalicia xa o conseguiu en varias ocasións.
A obtención destes recoñecementos é unha honra para nós que nos motiva a seguir mellorando e medrando día a día.